Ruta Vigo Galeguista
Detalles do eventos
A cidade coma motor e capital das letras galegas dende os anos 50Con Alfonso Álvarez Un percorrido polo centro histórico coñecendo os
Detalles do eventos
A cidade coma motor e capital das letras galegas dende os anos 50
Con Alfonso Álvarez
Un percorrido polo centro histórico coñecendo os personaxes e fitos que fixeron da cidade o eixo do anovamento das letras e a cultura galega. Un paseo de dúas horas a pé no que descobriremos un Vigo case descoñecido, o Vigo coma xerme dun sentimento que revitalizou e sacou do esquecemento a nosa cultura.
Na década dos anos cincuenta Galicia asiste a unha explosión cultural cun lugar como epicentro da acción, Vigo. Unha cidade aberta e cosmopolita, gracias ao seu porto, onde coinciden uns homes e mulleres decididos a recuperar e espallar a lingua e cun alicerce intelectual fundamental chamado Francisco Fernández del Riego, don Paco para os máis achegados, que neste 2023 é ademais a figura homenaxeada no día Das Letras Galegas.
Un roteiro no que da mán do bisneto de Xose María Álvarez-Blázquez trataremos o tema do galeguismo en VIgo coincidindo coa celebración e homenaxe a Francisco Fernandez del Riego no día 17. Os roteiros van a ser en galego nestas datas:
- Sábado 13 ás 11
- Mércores 17 ás 11
- Domingo 21 ás 17h
Inscricións na web de Vigo Turístico.
Saída na Praza da Princesa e remate na Alameda ou Praza Compostela.
Duración: 2h
Adultos: 10 €
De 12 a 18 anos: 7 €
Menores de 12: de balde.
Máis
Hora
17 maio, 2023 11:00(GMT+01:00)
Localización
Praza da Princesa
Praza da Princesa, 4, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes