Roteiro do Entroido: orixes e tradicións
Detalles do eventos
Estreada o ano pasado, neste 2023 Vigo Turístico mellora e relanza a súa proposta cultural para o Entroido cun roteiro a pé polo centro histórico no que todos os participantes
Detalles do eventos
Estreada o ano pasado, neste 2023 Vigo Turístico mellora e relanza a súa proposta cultural para o Entroido cun roteiro a pé polo centro histórico no que todos os participantes afondarán na orixe e nas tradicións desta celebración tan importante e ao mesmo tempo tan pouco coñecida. Vigo e Galicia teñen moito que contar arredor do Entroido coma unha das datas e festas tradicionais máis nosas máis alá das típicas máscaras ou disfraces.
Un paseo por Vigo para coñecer mellor aos Merdeiros, a tradición do Meco, ou o porqué do enterro da sardiña, ademais de varios sucesos tráxicos ocorridos na cidade durante esta celebración pagá… Un novo roteiro temático concibido por e para viguesas, que nos fará sentir na pel de personaxes típicos do Entroido en Vigo.
A programación de festexos é grande pero o descoñecemento xeral a súa orixe e as tradicións galegas e locais, tamén. É por iso que desde Vigo Turístico e a guía Aisa Domínguez de Zona Meiga unen forzas para crear este roteiro e encher ese espazo baleiro.
Catro datas para facer a ruta:
- SÁBADO 11 ás 17h
- DOMINGO 12 ás 11h
- SÁBADO 18 ás 11h
- DOMINGO 19 ás 17h
Máis información e inscricións na web de Vigo Turístico.
Máis
Hora
19 febreiro, 2023 17:00(GMT+01:00)
Localización
Praza da Igrexa (A Colexiata)
Praza Igrexa, 10, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes