REVISTA ABRIL

23abr21:30ROLY BERRÍOCONCERTOS | 10,00 €21:30(GMT+02:00) La Pecera

Detalles do eventos

Roly é un dos compositores máis auténticos e prolíficos de Cuba. A súa música pasa por practicamente todos os xéneros cubanos, escápase de todas as etiquetas e eríxese como única. Polifacético, improvisador, divertido ata a hilaridade cun toque histriónico, domina a voz, a guitarra e a dramaturxia escénica. Autor de dous temas da película ‘Habana Blues’, creceu musicalmente co emblemático Trío Enserie, creadores dun son renovador na cancionística na illa e grazas ao cal hoxe ostenta La Orden por la Cultura Cubana. Ademais de músico e compositor é actor: explotou estas tres facetas na produción teatral cubano-suíza Les Larmes des Hommes. Virou por Cuba e Francia coa banda francesa Neeskens, nun proxecto de Radio France Internacional. Unha das súas cancións, Los viejitos, protagoniza o 15º e último Nicanor da serie de curtos do realizador cubano Eduardo del Llano. A súa última creación chámase Moscas de fuego, un concerto gravado na súa Santa Clara, producido musicalmente polo recoñecido Alain Pérez.

Máis

Hora

23 abril, 2025 21:30(GMT+02:00)

Localización

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events