BANNER XERAIS

12mai(mai 12)20:0018(mai 18)20:00XXVI Festival de Títeres de RedondelaFESTIVAIS E FEIRA | De balde / 7,00 €20:00 - 20:00 (18)(GMT+02:00) Redondela

Detalles do eventos

A Asociación Xente Titiriteira organiza o XXVI Festival Internacional de Títeres de Redondela. Memorial Juanjo Amoedo-2025,do 12 ao 18 de maio. Nesta nova edición haberá espectáculos e compañías chegadas das máis diversas procedenzas: Italia, Arxentina, Brasil, Chile, Portugal, Madrid, Cataluña, Andalucía, Aragón ou Galicia.

No ano 2000 celebrouse a primeira edición do Festival en memoria do seu ideólogo, Juanjo Amoedo, aínda feita en pesetas. Dende entón o festival medrou en cada edición e agora teñen máis de 13 escenarios, 70 representacións, 30 compañías convidadas e unha media de 40000 espectadores/as, converténdose no Festival máis importante de Galicia e nun dos mellores considerados do país.

A nova personaxe do cartel deste ano é a serea, que se encargará de ilustrar esta edición. Trátase dunha creación de Pablo Pastor, que leva xa 26 anos dándolle ao Festival esa personalidade única.

O programa está dividido en programación de sala (no auditorio da Xunqueira e con entrada de pago) e programación de rúa (moi extensa e debalde, só durante a fin de semana). Celébrase ademais un mercadiño titiriteiro na Alameda, con postos arredor do mundo dos monicreques.

Programación de sala – Require reserva de entrada por 7,00 € na billeteira do Multiusos da Xunqueira

Martes 13 de maio ás 20:00 h – Auditorio da Xunqueira – ‘No toquen mis manos’, de Valeria Guglietti (Arxentina) +6 anos

Mércores 14 de maio ás 20:00 h – Auditorio da Xunqueira – ‘¿Cuántas estrellas puedes contar?’, de Títeres sin cabeza (Aragón) +6 anos

Xoves 15 de maio ás 20:00 h – Auditorio da Xunqueira – ‘Desconexión’, de Títeres Alakrán (Galicia) +5 anos

Venres 16 de maio ás 20:00 h – Auditorio da Xunqueira – ‘Árido’, de Centro Dramático Nacional e Cazando Gamusinos (Madrid) +9 anos

Sábado 17 de maio ás 20:00 h – Auditorio da Xunqueira – ‘A danza dos medos’, de Teatro Escena (Galicia) +8 anos

Domingo 18 de maio ás 20:00 h – Auditorio da Xunqueira – ‘Feos’, de Teatro y su doble (Chile) +16 anos

Programación de rúa

Máis

Hora

12 maio, 2025 20:00 - 18 maio, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Redondela

Paseo Xunqueira, s/n, 36800 Redondela, Pontevedra

Other Events