Detalles do eventos
Este ano, debido ao que o venres 28 é festivo, gozaremos de tres días de mercado que estará aberto de 11:00 a 23:30 h o venres
Detalles do eventos
Este ano, debido ao que o venres 28 é festivo, gozaremos de tres días de mercado que estará aberto de 11:00 a 23:30 h o venres e o sábado e ata as 21:00 h o domingo. Durante estas xornadas hai programadas numerosas actuacións nos diferentes torreiros que estarán dispotos por todo o Casco Vello. Ce Orquestra Pantasma, Falperrys, Tino Baz, Leo Arremecagho, Sun Iou, Tres Pesos ou Unto Vello son algúns dos artistas que participarán da festa. O evento central terá lugar o domingo ás 18:00 h cando terá lugar a representación da reconquista da Vila de Vigo, que arranca na Porta do Sol.
CAL É O HORARIO DO MERCADO?
Este ano, debido ao que o venres 28 é festivo, gozaremos de tres días completos de mercado, que estará aberto de 11:00 a 23:30 h o venres e o sábado e ata as 21:00 h o domingo.
CANDO E ONDE VAI SER A REPRESENTACIÓN PRINCIPAL?
O acto central da Reconquista é a súa representación, onde se escenifica o momento da expulsión das tropas francesas a mans da milicia local. Será o domingo ás 18:00 no torreiro da Porta do Sol. Continuará na rúa Gamboa co derrubamento da porta homónima e rematará no porto, coa expulsión en barco do exército napoleónico.
ONDE ESTARÁN OS TORREIROS?
Haberá un total de nove torreiros repartidos en Porta do Sol, Paseo de Alfonso, tres no Berbés, Falperra, Chao, Colexiata e A Pedra. Este mapa é do ano anterior, pero mantén a mesma localización dos torreiros.
PROGRAMA COMPLETO
Xoves 27 de abril , comezo do montaxe da feira
Venres 28 de Marzo
11:00 h Apertura Mercado tradicional
11:15 h Apertura da zona infantil (Praza do Berbés)
11:30 h Ruada de Gaiteir@s
11:30 h Foliada infantil, no Berbés (organiza AF Tarambainas)
11:30 h Apertura de Torreiros
12:00 h Ruada de Gaiteir@s
12:30 h Ruada de Gaiteir@s
13:00 h Ruada de Gaiteir@s
12:00 h Actuación infantil
12:30 h Actuación no Torreiro Estrella Galicia
12:30 h Actuación de “Orfeón Mariñeiro do Berbés” Torreiro da Porta do Sol
13:00h Obradoiro de Baile, Torreiro de Eduardo Chao (Organiza A Buxaina)
13:30 h Ruada de Gaiteir@s
14:00 h Ruada de Gaiteir@s
15:30 h Ruada de Gaiteir@s
17:30 h Ruada do Trebón do Berbés
18:00 h Asalto o carro na praza do Berbés
18:00 h Actuación da banda de Gaitas da ETRAD, no Torreiro da Porta do Sol
18:30 h Actuación de Ce Orquesta Fantasma no Torreiro da Praza dos Ratos
19:00 h Ruada de Gaiteir@s
20:00 h Ruada de Gaiteir@s
20:30 h Ruada de Gaiteir@s
21:00 h Actuación “Barro Negro” no Torreiro Estrella Galicia
(Paseo de Alfonso)
21:30 h Actuación de Falperrys, Torreiro da Porta do Sol
21:30 h Actuación no Torreiro do Berbés
23:30 h Peche do mercado
Sábado 29 de marzo
11:00 h Mercado tradicional
11:15 h apertura da zona infantil (Praza do Berbés)
11:30 h Foliada infantil, no Paseo de Alfonso (organiza AF O Fiadeiro)
12:00 h Ruada de Gaiteir@s
12:00 h Actuación Infantil no Torreiro da praza dos Ratos
12:30 h Actuación Escola Baile Tradicional da AVC Casco Vello
no Torreiro do Berbés
12:30 h Actuación “Banda de Zanfonas da ETRAD” no Torreiro da Porta do Sol
13:00h Obradoiro de Baile, Torreiro de Eduardo Chao (Organiza A Buxaina)
13:00h Ruada de Gaiteir@s
13:15 h Actuación de Tino Baz no Torreiro Estrella Galicia (Paseo de alfonso)
15:30 h Ruada de Gaiteir@s
16:00 h Obradoiro de Danzas do Mundo, no Torreiro do Berbés
17:00 h Actuación de “Leo Arremecagho” no Torreiro da Prazo dos Ratos
17:30 h Actuación Títeres no Torreiro da Porta do Sol
18:00 h Asalto o carro de suministros no Paseo de Alfonso
18:30 h Ruada de Gaiteir@s
19:00 h Actuación de Ferriñas Bravas, Mouchiñas e Caramuxos do Fiadeiro
no torreiro do Berbés
19:30 h Regueifas no Torreiro da Praza dos Ratos
20:00 h Ruada de Gaiteir@s
20:30 h Ruada de Gaiteir@s
21.00 h Actuación Pandereteiras Ferreñas da Oliveira da AVC Casco Vello
no Torreiro da Praza dos Ratos
21:00 h Actuación de “Tarambainas” no Torreiro do Berbés
21:00 h Actuación de “SUN IOU” no Torreiro Estrella Galicia (Paseo de Alfonso)
21:30 h Actuación de “Tres Pesos”, no Torreiro da Porta do Sol
23:30 h Peche do mercado
Domingo 30 de marzo
11:00 h Apertura do Mercado tradicional
11:15 h Apertura zona infantil (Praza do Berbés)
11:30 h Saída de “peixeiras” Torreiro da Pedra
11:30 h Saída “verduleiras” e “rosquilleiras” Torreiro da Praza dos Ratos
11:30 h Ruada da Treboada do Baixo Miño, saída dende o Berbés
12:00 h Actuación de baile tradicional praza do Berbés
12:00 h Ruada de Gaiteir@s
12:00 h Actuación Gaiteiros Arrulikados no Torreiro da praza dos Ratos
12:00 h Actuación “Unto Vello “no Torreiro Estrella Galicia (Paseo de Alfonso)
12:30 h Actuación de “Cantares do Brión” no Torreiro da Porta do Sol
12:30 h Actuación infantil no Berbés
12:30 h Ruada de Gaiteir@s
13:00 h Ruada de gaiteir@s
13:00 h Saída do Enterrador dende a Praza dos Ratos
15:30 h Ruada de Gaiteir@s
16:30 h Saída da Banda de Gaitas do Casco Vello, Praza dos Ratos
17:00 h Saída da Milicia e Alarmas dende a Praza do Berbés
18:00 h Reconquista da Vila de Vigo (Comezo na Porta do Sol)
19:30 h Ruada de Gaiteir@s
20:00 h Ruada de Gaiteir@s
21:00 h Fin de Festa
Máis
Hora
28 marzo, 2025 11:00 - 30 marzo, 2025 22:00(GMT+01:00)
Localización
Casco Vello
Casco Vello, 36202 Vigo, Pontevedra