01abr20:00Recital DÚO GALLARTECONCERTOS | De balde20:00(GMT+02:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

Semana do piano no Conservatorio Superior de Música

  • O martes 1 de abril de 2025 ás 20:00. Recital a catro mans protagonizado polo Dúo Gallarte. Os pianistas Francesco Dei Marco e Andrea Micucci do Conservatorio G.Puccini de Gallarate (Italia) interpretarán obras de Grieg, Rachmaninov e Kapustin.
  • O mércores 2 de abril ás 20:00 horas. Os alumnos do conservatorio Erica Rodriguez, Sergio Rodriguez, David Buceta, Alba Feijoo, Cristina Redondo e Mirta Arribas levarán a cabo un concerto titulado Con el piano en la música latinoamericana.
  • O xoves 3 de abril ás20:00 horas. Luces y sombras del pianismo: de Beethoven a Prokofiev, propón unha viaxe sonora que abarca máis dun século de música, no que o público poderá gozar dun concerto cheo de contrastes que combina paixón, escuridade e virtuosismo con algunhas das obras máis representativas para piano de compositores como Beethoven, Rachmaninov, Turina, Prokofiev, Brahms e Bartók. Os intérpretes serán os alumnos do conservatorio: Adrián Abalde Lameiro, Emma Rial Vázquez,Helena Fernández Gil, Rafael Rodríguez Senn e Manuel Muñiz Pintos.
  • O venres 4 de abril ás 20:00 horas. O broche de ouro á semana do piano correrá a cargo de José Manuel Fernández cun concerto titulado Rachmanolus contra el Piano. Un concerto teatralozado no que se realiza unha reflexión irónica sobre o panorama artístico musical actual e a influencia que a ‘industria musical’ e as redes sociais exercen sobre o intérprete e o público.

Máis

Hora

1 abril, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events