![ARRIBADA](https://amovida.gal/wp-content/uploads/2025/01/Arribada_2025_A_MovidaBanner_860x150.jpg)
O Marco acolle a proxección dunha das obras mestras da animación galega
Detalles do eventos
O martes 21 de xaneiro, como actividade complementaria do Club de Lectura #BiblioMARCO, a Biblioteca-Centro de Documentación organiza a proxección de Unicorn Wars, dirixida polo coruñés Alberto Vázquez. Premio Goya a Mellor
Detalles do eventos
O martes 21 de xaneiro, como actividade complementaria do Club de Lectura #BiblioMARCO, a Biblioteca-Centro de Documentación organiza a proxección de Unicorn Wars, dirixida polo coruñés Alberto Vázquez. Premio Goya a Mellor Película Animación en 2022, a película narra a historia da ancestral guerra entre o exército osiño e os unicornios, nunha fantástica fábula antibélica que, mediante a fantasía animada, reflexiona sobre a orixe do mal. Malia a súa estética infantil, trátase dunha obra violenta e crúa que abarca temas do máis profundos.
A idea de programar esta proxección como actividade complementaria do Club de Lectura #BiblioMARCO xurdiu a partir da elección da próxima lectura desta tempada –MAUS, de Art Spiegelman– e da posibilidade de establecer un diálogo sobre novela gráfica, cine de animación, e o seu potencial expresivo.
Sinopse
En Unicorn Wars, o cineasta Alberto Vázquez asina unha película que mediante a fantasía animada reflexiona sobre a orixe do mal.
O exército osiños adoutrina a novos recrutas para conducilos á guerra que comezaron contra os unicornios porque cren que ameaza a seguridade do seu pobo.
Os irmáns Azuliño e Gordi, xunto a un inexperto grupo de recrutas, serán enviados a unha perigosa misión para salvar o Bosque Máxico… estarán os osiños preparados para elo?
Título orixinal: Unicorn Wars
España – Francia / 2022
VO galego
Duración: 92 min.
Trailer: https://www.unicornwarsthefilm.com/
Sinopse e ficha técnica: https://www.unicornwarsthefilm.com/
Máis
Hora
11 febreiro, 2025 19:00(GMT+01:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual
Séguenos nas redes