CAMELIAS

Broken Peach, a banda máis viral de Vigo presenta o seu primeiro disco

11mai20:30Broken Peach, a banda máis viral de Vigo presenta o seu primeiro discoCONCERTOS | 10,00€20:30(GMT+02:00) Teatro Salesianos

Detalles do eventos

Broken Peach é unha banda coñecida polas súas rechamantes versións. Ao longo dos seus catorce anos de existencia han reinterpretado temas de pop e rock de toda índole, obtendo un notorio seguimento en redes.

Con todo, o maior reto para unha formación que abandeira esta fórmula, consiste en traballar e mostrar unha colleita propia. Esta foi a pulsión que levou á formación olívica a dar un paso máis na súa carreira e demostrar o rango das súas capacidades.

«Son cancións que, en moitos aspectos, lembran ao que xa vimos facendo. Á fin e ao cabo, xa hai moita da nosa personalidade nos arranxos das nosas versións» afirman desde a banda.

Welcome to Brokenland é o título do dobre álbum debut, que terá a súa posta de longo nun concerto especial e diferente. «Os que veñan vernos, van atopar un repertorio completamente novo. Se che gusta o grupo, merece a pena. E se non, é un bo momento para coñecelo» comentan.

A cita terá lugar no teatro cinema Salesianos de Vigo, este sábado 11 de maio ás 20:30. A compra anticipada pode realizarse a través da web de Broken Peach ou directamente na plataforma Masqueticket.

Entradas

Máis

Hora

11 maio, 2024 20:30(GMT+02:00)

Localización

Teatro Salesianos

Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events