BANNER PLAYDOC

07mai20:00Presentación de 'Tantas veces junio'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

O mércores 7 de maio ás 20:00 horas terá lugar na asociación Évame Oroza a presentación do poemario Tantas veces junio, de Miguel Vigo. Neste libro o autor reflexiona sobre o paso do tempo e fala da memoria, das meditacións, do amor e das súas consecuencias. No acto participarán, ademais do autor, a escritora Clara do Roxo, a escritora e periodista María Xosé Porteiro e o editor Xabier Romero. A presentación tamén contará coa actuación musical de Santiago Ferragud.

Miguel Vigo escarva neste poemario na memoria, no cotián e no que se vai escapando cos días. A través dos seus poemas, lévanos ao pasado, enfróntanos co presente e suxírenos futuros posibles. O autor transita nesta obra por conversas, lembranzas e ecos do que fomos e do que aínda podemos ser. En Tantas veces junio aposta pola palabra como espazo de resistencia e exploración, onde cada poema é un xesto de desafío ante o obvio, un mapa para orientarnos na deriva dos días.

Nesta obra Miguel Vigo demostra que escribir non é só lembrar, senón tamén descubrir o que aínda non sabemos de nós mesmos. Nos seus versos hai amor e as súas consecuencias, intres que se negan a esvaecerse e un diálogo constante co lector.

Máis

Hora

7 maio, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events