
Presentación de 'Son coma glaciares os barcos de aceiro'
Detalles do eventos
O xoves 13 de marzo, celebrarase, ás 19:00 h, no Estaleiro Cardama, en Vigo, a presentación de Son coma glaciares os barcos de aceiro, de Cynthia
Detalles do eventos
O xoves 13 de marzo, celebrarase, ás 19:00 h, no Estaleiro Cardama, en Vigo, a presentación de Son coma glaciares os barcos de aceiro, de Cynthia Menéndez.
O libro é unha homenaxe ao Vigo industrial e loitador, vista a través dos ollos dun neno que medra entre manifestacións e folgas sindicais a finais dos anos noventa. Menéndez constrúe unha narrativa precisa, onde cada liña e palabra están coidadosamente traballadas, reflectindo a meticulosidade dos traballadores dos estaleiros. A novela é unha ofrenda ao Vigo azul: como os uniformes dos traballadores, o ceo sobre a ría, a lealdade, o compromiso e a saudade.
Acompañando a autora, estarán Marcos Calveiro, director de Edicións de Editorial Galaxia; e Estela Gómez, escritora e correctora literaria.
As persoas que desexen asistir, deben confirmar asistencia no correo: comunicacion@editorialgalaxia.gal
Máis
Hora
13 marzo, 2025 19:00(GMT+01:00)
Localización
Estaleiro Cardama
Av. da Beiramar, 12, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmarzo
- Mes actual