VIALIA
GIRANDO POR SALAS

04abr20:00PRESENTACIÓN DE 'SAN METEORO'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) Librouro

Detalles do eventos

Josiño Araújo presenta o seu libro, San Meteoro, en Librouro.

SINOPSE

O día do seu vixésimo aniversario, Pedro, quen se considera a persoa máis irrelevante do mundo, láiase da súa intranscendencia mentres contempla o seu reflexo no espello. Á noitiña, só no monte, fumando maría e filosofando sobre a vida ao pé dunha capela, ve pasar unha estrela fugaz e formula o desexo de se converter en alguén destacado. Pero aquela luz fuxidía resulta ser un enigmático meteorito que cae do ceo para cambiar a súa vida, a das persoas da súa contorna e mesmo a da cidade onde vive. Unha historia orixinal, de ritmo cinematográfico e chea de humor. Unha sátira de profunda lixeireza cun final trepidante.

SOBRE O AUTOR, Josiño Araújo

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e na Universidade de Barcelona, e Produción Audiovisual en Vigo, cidade onde exerce a profesión de avogado, intercalándoa coa súa actividade como produtor e distribuidor cinematográfico. Foi colaborador en distintos medios dixitais e analóxicos, dirixiu varias curtametraxes e videoclips, e foi premiado por algún dos seus relatos. San Meteoro é a súa segunda novela.

Máis

Hora

4 abril, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Librouro

Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events