
Detalles do eventos
CANCELADO POR MOTIVOS PERSOAIS DO AUTOR Presentación do novo libro de Xesús Alonso Montero sobre as cantigas, Poesía e sociedade no cancioneiro
Detalles do eventos
CANCELADO POR MOTIVOS PERSOAIS DO AUTOR
Presentación do novo libro de Xesús Alonso Montero sobre as cantigas, Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego. Contarán coa presenza do autor e con Xosé Manuel Soutullo. Presentado por Fernando Fernández.
Dezaseis leccións
Cántigas hai que son faíscas sorprendentes de poesía, algunhas recolleitas por Rosalía, que non se resistiu a telas en conta como raíz íntima de fermosos e significativos poemas.
En Poesía e sociedade no cancioneiro popular galego, Xesús Alonso Montero pon a atención en dúas dimensións das nosas composicións populares: no que teñen de artístico, de poético, e no que conteñen como documento sociohistórico, así como nos creadores e re-creadores anónimos populares, nunha gran maioría mulleres.
Este estudo intenta mergullarse nos estamentos sociais subalternos que non só forxaron as cancións populares á luz do candil, senón que, re-creándoas ou non, nolas transmitiron ata os nosos días.
Máis
Hora
24 abril, 2025 19:00(GMT+02:00)
Localización
Casa del Libro
Rúa Velázquez Moreno, 27, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual