VIALIA
GIRANDO POR SALAS

08abr20:00Presentación de 'Lo que perdura'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

A escritora Laura Cascán presenta o seu libro Lo que perdura martes 8 de abril ás 20:00 horas no restaurante (planta 7ª), do Corte Inglés de Vigo. Laura Cascán fará un percorrido pola vida do empresario e filántropo Benigno Quiroga Fernández, galego emigrante en Chile, que deixou pegada en ambos os continentes.

SINOPSE

Este libro narra a vida de Benigno Quiroga Fernández, natural de Punxín (Ourense) e emigrante en Chile que deixou pegada viva en ambos os continentes.

Unha vida imaxinada pola autora baseada nos documentos vitais persoais do protagonista e nas numerosas teses doutorais, libros publicados, artigos na internet etc. Basee e punto de referencia é Casa Lejana de Urriticoechea.

Os desexos do protagonista expresados no seu testamento foron amplamente cumpridos pola súa viúva Leona Urruticoechea Bilbao. A escola que dese formación aos seus paisanos foi posta en marcha e inaugurada en Punxín en 1924, foi e segue sendo unha espléndida realidade. O soño de Benigno Quiroga, cen anos despois, segue vivo, perdura.

Alá no deserto de Atacama, no afastado Chile a historia salitrera ten un capítulo escrito por Benigno Quiroga. Algunhas instalacións da Oficina Iris son Monumentos Chilenos. O mundo salitrero é pasado, os edificios que albergaron a vida dos pampinos seguen en pé como testemuño mudo dunha vida anterior, perdura.

Máis

Hora

8 abril, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events