
Detalles do eventos
Presentación do libro Barroco de Antía Otero con Oriana Méndez e música de Su Garrido. Desta maneira a autora lévanos por un camiño moi
Detalles do eventos
Presentación do libro Barroco de Antía Otero con Oriana Méndez e música de Su Garrido.
Desta maneira a autora lévanos por un camiño moi persoal que, ao mesmo tempo, pode ser escenario das vivencias de cada un de nós, pois moitos dos lugares e experiencias que describe son comúns e mesmo as reflexións son, ás veces, parecidas ás que nós mesmos fixemos perante situacións similares. E aquí englobaría as abundantes referencias á infancia e a un entorno rural que, por momentos, chega a aproximarse ao bucólico grazas á certeira pluma de Antía. Entre as reflexións máis persoais destacaría as derivadas das referencias á morte e a perda que iso significa, con implicacións directas ás feridas herdadas polas novas xeracións e o sentimento de rebeldía, mesmo de insubmisión, que provoca no eu poético tal situación. Esta é unha parte esencial do discurso encerrado no poemario.
O xoves 16 de marzo ás 19.30 horas, na biblioteca da EMAO.
Máis
Hora
16 marzo, 2023 19:00(GMT+01:00)
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual