O evento xa tivo lugar!

Detalles do eventos
Gozar da maxia do teatro sen moverse de casa. Esa é a proposta que a Deputación de Pontevedra ofrece durante estas festas do Nadal coas funcións virtuais do
Detalles do eventos
Gozar da maxia do teatro sen moverse de casa. Esa é a proposta que a Deputación de Pontevedra ofrece durante estas festas do Nadal coas funcións virtuais do programa Prendendo Butacas na Casa, que arrancan este xoves, día de Noiteboa, e se prolongarán ata o domingo 3 de xaneiro. Son oito as representacións previstas a cargo doutras tantas compañías, fundamentalmente da provincia pontevedresa, que se retransmitirán vía streaming na web da institución provincial desde as 10 da mañá de cada xornada e durante as 24 horas seguintes.
Para concluír a programación neste Nadal o domingo día 3, Educa Teatro representará a obra Os Tres Porquiños, un musical con bonecos a tamaño real pensado para gozar en familia. Trátase dunha revisión da tradicional fábula para adaptala aos novos tempos, incluíndo a participación de Xan e Xiana, exploradora e explorador moi afeccionados aos contos que se adentran no bosque para coñecer aos seus personaxes favoritos. A peza inclúe cancións cantadas en directo e ten unha clara misión didáctica para que os e as máis pequenas aprendan ou reforcen coñecementos como os números, as cores ou as prendas de vestir.
Máis
Hora
3 xaneiro, 2021 10:00 - 4 xaneiro, 2021 10:00(GMT-11:00)