BANNER XERAIS

Este é un evento repetitivo

13mai20:00Pint of ScienceFESTIVAIS E FEIRAS | De balde20:00(GMT+02:00) Vigo

Detalles do eventos

A novena edición do Festival Internacional de Divulgación Científica Pint of Science é a máis ambiciosa que España organizou ata o momento, con 850 charlas en 67 localidades. Durante tres días, os bares das nosas cidades convértense en laboratorios improvisados desde onde os investigadores máis punteiros do panorama nacional compartirán os últimos avances da ciencia en España. Cunha linguaxe comprensible e accesible, calquera cidadán poderá coñecer proxectos das máis variadas áreas: neurociencia, astrofísica, medicina, historia, supercomputación, matemáticas, economía ou zooloxía, entre moitos outros con entrada gratuíta.

En Vigo, Pint of Science celebrarase nos bares Cañaveral e El Castro, cun total de 12 charlas e cubrirá as temáticas mente marabillosa, dos átomos ás galaxias, o noso corpo, planeta terra, tech me out! e a nosa sociedade. Entre os investigadores e científicos que participan nesta edición de Pint of Science Vigo, atópanse David Posada, coa súa charla “Evolución somática: la guerra de los clones”, Elena Rodríguez con “Detectives de imágenes: Cómo ver para (no) creer” ou Aida María Díez con “Agua limpia y energía verde”.

Programación completa

Máis

Hora

13 maio, 2024 20:00(GMT+02:00)

Localización

Vigo

36201 Vigo, Pontevedra

Other Events