Picnic Sesións
Detalles do eventos
Volven as Picnic Sesións nesta edición solpor. 19.30 ‘Descubrindo os fentos’ con Carla Viso e Alberto García Qué son e cómo
Detalles do eventos
Volven as Picnic Sesións nesta edición solpor.
19.30 ‘Descubrindo os fentos’ con Carla Viso e Alberto García
Qué son e cómo viven os fentos? Son todos iguais? Aprenderemos con ALBERTO GARCÍA a facer un herbario para súa conservación e miraremos por un microscopio e lupas as esporas e os esporanxios
Despois desfrutaredes cun obradoiro de debuxo, pintura e manualidades cos fentos da man de Carla Viso
DÚAS QUENDAS:
-19:30H: 6-10 ANOS
-21:00H: 11 ANOS EN DIANTE
-Ás incricións serán por orde de chegada a partir das 19:00h NO STAND DE MERCHANDISING
-DONATIVO DE 5 EUR POR INSCRICIÓN
19.30 Concerto Frans Banfield
Músico e compositor, nacido en Buenos Aires e de “adopción” viguesa, comezou unha nova etapa na súa carreira coa grabación do novo disco, cuarto na súa etapa solista, “La busqueda infinita”. Acompañará o seu repertorio orixinal dalgunhas versións de Calamaro, Raimundo Amador e temazos de cancionero popular.
21.30 Concerto O Cadelo Lunático
Esta banda trata de aportar música de raigame blues en galego, con letras que reflicten o momento social que nos toca vivir nesta época
O proxecto ponse en marcha coa formación composta por, Javier Prado (Moondogs Blues Party), Pedro de Gregorio (Showbiñas Experience), Jorge Arenaz (Booty Sweat) e Nico Rodríguez (Cora Velasco).
Máis
Hora
22 xullo, 2023 19:30 - 22:59(GMT+01:00)
Localización
Baixada á Praia, Saians
Baixada á Praia, 83
Séguenos nas redes