VIALIA
Encordass Fiddle Fest

PETARDBINGO 

29xuñ12:00PETARDBINGO ESPECTÁCULOS | De balde12:00(GMT+02:00) Praza do Abanico

Detalles do eventos

Preparen os seus rotuladores! Este sábado 29 de xuño a partir das 12h do mediodía e por primeira vez en formato sesión vermú celebraremos na Praza do Abanico (Rúa San Sebastián) do Casco Vello Alto, unha nova edición do PetardBingo Solidario Pride Edition, unha maneira amena e divertida para celebrar a diversidade do barrio axudando aos demais e gañando múltiples premios. Nesta ocasión os mestres de cerimonias serán DJ X.avi PetardPop e o gran Iván Müller que debuta como binguero maior do barrio.

O PetardBingo é un evento que vén celebrando desde 2016 e só foi interrompido en 2 edicións pola pandemia do covid-19.

Nesta ocasión PetardPop e Casco Vello Alto recadan fondos a través da venda de cartóns para Afaga Alzheimer, entidade sen ánimo de lucro que realiza diferentes actividades destinadas a mellorar a calidade de vida dos enfermos de Alzheimer e outras demencias e os seus familiares, así como ofrecer información, asesoramento e orientación a todas as persoas que o soliciten, achegar a realidade desta enfermidade a entidades públicas e privadas co obxectivo de conseguir unha resposta ampla e eficaz ás demandas deste colectivo, e estimular e colaborar nas investigacións que se realizan sobre esta enfermidade.

Haberá premios para as liñas e bingos e ademais múltiples sorteos de agasallos doados polos patrocinadores oficiais do evento:

Taberna A Mina, Magia en la Manga, Sintimones, Editorial Elvira, La Favorita Vigo, Iberlüss Hogar & Chef, La Preferida, Mamáelvira, Mesón Tapería Restaurante As Marías, 25.Reais, Toysexshop Vigo, Óptica Argos Vigo, Sweet Paripe, Marinita y sus maromas, Adegas Celme, Sr.Nilsson_Vigo, los bocatas de maryline, BLUE MOON Publicidad, Iberlus, Farmacia Navia 28, PLAFF, Fermentum42, La Juakina, Pastelería Navaza, Óptica Prismalén, La Pica de Flandes, ElAmante Vigo, Meraki Salud, Vaidhe, Catro Ventos, Luciérnaga_graphics, e Ultramarinos Deseño Galego!

Máis

Hora

29 xuño, 2024 12:00(GMT+02:00)

Localización

Praza do Abanico

Rúa San Sebastián, 12 36202 Vigo Pontevedra

Other Events