BANNER XERAIS

01xan10:0030xuñ(xuñ 30)15:00'Peladas eran, peladas serán... tódalas meigas que andan polo chan'ARTE E MUSEOS | De balde(xaneiro 1) 10:00 - (xuño 30) 15:00(GMT+01:00) Museo Liste

Detalles do eventos

Nesta exposición temporal no Museo Liste, a artista viguesa Rebeca Lar reinterpreta as corozas empregadas como elemento estigmatizante pola Inquisición. Na obra, aparecen bordadas con textos do Malleus Maleficarum que proclamaba o carácter maléfico feminino. Reflexiona sobre o papel das mulleres acusadas e cuestiona estereotipos de xénero vinculados coa figura da bruxa condenada, en moitas ocasións, pola súa participación no eido da menciña popular.

Peladas eran, peladas serán… enmárcase na liña de investigación teórico- artística da artista, centrada na linguaxe, a memoria e os estudos de xénero, desenvolvendo unha serie de obras de carácter feminista co bruxesco feminino como marco conceptual.

HORARIO: De martes a sábado de 10 a 14h e os mércores de 17 a 19h.

Máis

Hora

1 xaneiro, 2025 10:00 - 30 xuño, 2025 15:00(GMT+01:00)

Localización

Museo Liste

Calle Pastora, 22, 36210 Vigo, Pontevedra

Other Events