Detalles do eventos
A Asociación Cultural Évame Oroza acolle Paisaxe interior, unha exposición de Xulio García Rivas que estará dispoñible desde o venres, 14 de marzo, ata o
Detalles do eventos
A Asociación Cultural Évame Oroza acolle Paisaxe interior, unha exposición de Xulio García Rivas que estará dispoñible desde o venres, 14 de marzo, ata o venres, 25 de abril.
Paisaxe interior reúne parte da obra máis recente de Xulio García Rivas, unha selección de pezas de mediano e gran formato realizadas en tinta chinesa e acrílico sobre lenzo. As dimensións dalgunhas das pezas xogan un papel destacado nesta proposta de carácter inmersivo coa que se tenta conectar ao espectador co seu mundo interior, a través da interpretación da paisaxe que se fundamenta, na memoria, a imaxinación, a intuición, a emoción ou o azar.
A obra de Xulio García Rivas contén elementos da pintura taoísta chinesa, na que a paisaxe é un elemento cambiante, en continua transformación; e do expresionismo abstracto que se transforma nunha referencia espiritual e poética. Na mostra expóñense varias obras inéditas.
HORARIO DA A. C. ÉVAME OROZA
- De luns a venres: 17:00 a 20:30 h.
Máis
Hora
14 marzo, 2025 17:00 - 25 abril, 2025 21:30(GMT+01:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra