CAMELIAS MASCOTAS

Otoño Lírico: 'Madama Butterfly'

27out19:00Otoño Lírico: 'Madama Butterfly'FESTIVAIS E FEIRAS | Desde 22,00 €19:00(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

Amigos de la Ópera de Vigo presenta a programación Otoño lírico, protagonizada pola música dos italianos Puccini e Verdi e a posta en escena de Madama Butterfly. En total son 11 citas, entre recitais, proxeccións e charlas. A maioría das actividades son de balde.

Programa Otoño Lírico 2024

26 de outubro ás19:30 – Mesa redonda: Hablemos de Madama Butterfly. ¿Pasaporte al sueño americano? – Sala de Conferencias del Centro Social Afundación – Entrada libre.

27 de outubro ás 19:00 – Ópera: MADAMA BUTTERFLY – Teatro Afundación – Entradas en Ataquilla desde 22,00 €

Traxedia giaponesa en tres actos con libreto de Luigi Illica e Giuseppe Giacosa. Baseado no conto Madama Butterfly, de John Lutter Long, dramatizado por David Belasco.

Madama Butterfly é unha ópera composta por Giacomo Puccini acompañada do libreto en italiano por Giuseppe Giacosa e Luigi Illica que se estreou o 17 de febreiro de 1904 na Scala de Milán. A narración está inspirada na obra teatral Madama Butterfly: Unha traxedia xaponesa (1900) de David Belasco que á vez está inspirada no conto Madame Butterfly (1898) de John Luther Long. A estrea da ópera en 1904, nun principio, recibiu o rexeitamento do público. Con todo, Puccini elaborou varias revisións posteriores ata dar co éxito da presentación da súa versión definitiva en 1907, a cal se coñece como a “versión estándar” da ópera, a máis representada habitualmente no mundo.

Máis

Hora

27 outubro, 2024 19:00(GMT+01:00)