VIALIA
HEAVY LUNGS

OV430: Li La & Brenda Vidal

26out20:00OV430: Li La & Brenda VidalCONCERTOS | 5,00€20:00(GMT+02:00) A Sede RC Celta

Detalles do eventos

A Orquestra Vigo 430 despídese da tempada 2023/24, titulada «Orixes», con dous concertos de cámara no Salón Regio da Sede do R.C. Celta o 26 e 27 de outubro e anuncian que en 2025 teñen preparada unha potente programación para celebrar o vinte aniversario da agrupación.

“Pechamos o ciclo ‘Orixes’ con dous concertos de cámara que prometen ser inesquecibles”, sinalan desde a Orquestra Vigo 430 en relación aos dous recitais que teñen preparados para o sábado 26 e o domingo 27 de outubro no Salón Regio da Sede do R.C. Celta. As protagonistas destes concertos son a violonchelista Li La e a violinista Nadia Kalmykova, que estará acompañadas polos pianistas Brenda Vidal e Brais González, respectivamente.

O concerto do sábado celebrarase ás 20:00 h e o programa incluirá as dúas pezas op.77 de Jean Sibelius, xunto ás sonatas para violoncelo e piano de Claude Debussy e Edvard Grieg, ofrecendo unha velada cargada de emotividade e virtuosismo. A xornada do domingo arrancará ás 12:00 h e se ofrecerá un repertorio igualmente atractivo para violín e piano, no que destacará a soada sonata «Primavera» de Ludwig van Beethoven. Tamén se interpretará a sonata no 2 de Maurice Ravel. Como broche de ouro, poderase gozar da obra de Ravel «Introdución e allegro» cunha suxestiva formación que incluirá arpa, clarinete, frauta e cuarteto de cordas, creando unha atmosfera musical única e envolvente. 

As entradas para ambos concertos están dispoñibles na páxina web de Ticketrona.

Máis

Hora

26 outubro, 2024 20:00(GMT+02:00)

Localización

A Sede RC Celta

Sede Real Club Celta de Vigo

Other Events