CAMELIAS MASCOTAS

Orquestra Clásica de Vigo: Batman

11out20:30Orquestra Clásica de Vigo: BatmanCONCERTOS | Desde 6,00€20:30(GMT+02:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

A Orquesta Clásica de Vigo é a decana de Galicia. Un proxecto que en 2024 fai 40 anos de música ininterrompida da man do seu director e fundador, Manuel Martínez Álvarez-Nava. Trátase dun acontecemento de vital importancia, pois non só é unha magnífica oportunidade para consolidar un proxecto de futuro, senón que serve para mirar atrás, contemplar o camiño realizado e reflexionar. Unha orquestra é unha aventura que muda en cada concerto, en cada tempada, e que permite imaxinar. A Orquesta Clásica de Vigo é un gran reto cultural que aposta por un traballo de base realizado en dúas direccións abertas á sociedade: os/as instrumentistas e as audiencias. Dous eixos complementarios que configuran a estrutura sobre a que construír un país en continua evolución e mellora. É grazas a esta relación simbiótica como se logra configurar un espazo de auténtico gozo que incite á reflexión e que contribúa a tecer un espazo para a creación, a práctica en conxunto, a promoción do talento propio e riqueza que ofrece o intercambio con artistas de fóra. Un proxecto que se extralimita do estritamente musical para xerar un ambiente de superación, pese a todas as dificultades que poidan existir, que deixe unha pegada no territorio. A Orquesta Clásica de Vigo é unha entidade pola que pasaron máis de 655 instrumentistas procedentes principalmente de Vigo e da súa contorna, demostrando que efectivamente é un proxecto de país. Aos seus concertos convidamos a 145 solistas e se interpretaron máis 520 obras e nesta tempada 2024/25 queremos celebrar o aniversario coa normalidade de seguir facendo o de sempre, exaltando o hábito e contando con solistas da casa cos que presumir de talento e xenialidade local: Sergio Gómez, Cristina Nogueira, Mauro Mariño Suárez e Jennifer Gómez Vilar. Pero tamén miraremos fóra convidando ao director trentino Alessandro Arnoldo e realizaremos un intercambio co Ensemble Vocal Pro Musica, do Porto. Nesta tempada celebraremos a diversidade do repertorio sinfónico cunha programación variada que abordará o repertorio clásico, o último romanticismo, as bandas sonoras, a música do século XX e o romanticismo, entendendo a importancia da diversidade e a curiosidade como motor fundamental para o pensamento crítico.

Batman – 11 OUT 2024 | 20:30 | TEATRO AFUNDACIÓN
A música de cine volve á tempada da Orquesta Clásica de Vigo cunha das sagas de superheroes máis famosas: Batman. Neste concerto inetrpretaremos as bandas sonoras que cuntribuíron á construción desta icona contemporánea con aparencia de morcego. Danny Elfman marcou un camiño da man de Tim Burton, as composicións de Elliot Goldenthal para Batman Forever e Batman e Robin e a obra máis recente de James Newton Howard e Hans Zimmer, deseñadas para a triloxía de 2005 dirixida por Christopher Nolan. O programa busca mostrar tres estilos compositivos recollidos nas distintas sagas cinematográficas dedicadas ao morcego de Gotham. Obras todas elas que marcaron época e codificaron a linguaxe para entender o cinema fantástico contemporáneo e que demostran a importancia, presenza e vitalidade da música sinfónica na actualidade.

►►PROGRAMA◄◄
Grand Gothic Suite de Batman Forever e Batman and Robin, de E. Goldenthal
The Dark Knight Trilogy Concert Suite de Batman Begins e The Dark Knight Rises, de N. Howard / H. Zimmer
Suite de Batman e Batman Returns, de D. Elfman

►►DIRIXE◄◄
Manuel Martínez Álvarez-Nava

Entradas

Máis

Hora

11 outubro, 2024 20:30(GMT+01:00)