Detalles do eventos
A marca de artesanía galega, A Casa Rodante, organiza Obra mixta, unha exposición de Sandra Eiriz, no marco da programación mensual ofrecida no Espazo Rodante do Centro Comercial
Detalles do eventos
A marca de artesanía galega, A Casa Rodante, organiza Obra mixta, unha exposición de Sandra Eiriz, no marco da programación mensual ofrecida no Espazo Rodante do Centro Comercial A Laxe. Estará dispoñible desde o venres, 13 de marzo, ata o luns 31 do mesmo mes.
A exposición consta dunha serie de pezas únicas e exclusivas nas que se pode vislumbrar unha sorte de imaxinario propio no que prevalecen as figuras demoníacas. O universo que evoca a obra desta artista ten algo de macabro e dalgún xeito naíf. A través da combinación de diferentes técnicas como a serigrafía, o bordado, o debuxo e a confección, as pezas que a conforman esta exposición pretenden non deixar ao público indiferente. Unha colección de bonecas rotas, vermes, cadeas, bolsos, debuxos, ilustracións, etc. realizadas de forma persoal pola propia artista, que incorporan numerosos materiais, formas e cores.
Sandra Eiriz é unha artista multidisciplinar viguesa, graduada en Belas Artes que actualmente complementa a súa formación en serigrafía, realizando estudos de moda na EMAO. Deste xeito, consegue unificar en pezas exclusivas a súa recoñecible obra gráfica, coa inquedanza por ampliar os coñecementos cara a novos horizontes. Sen perder o humor, roza os límites do turbio e xera certa inquedanza. Ela e a súa obra son unha clara mostra de como a arte pode ser subversiva á par que suxestiva, admirable e alcanzable.
HORARIO DE VISITA:
- De luns a venres: 14:00 a 21:00 h.
- Sábados: 11:00 a 15:00 h.
Máis
Hora
13 marzo, 2025 20:00 - 31 marzo, 2025 22:00(GMT+01:00)
Localización
CC A Laxe
Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra