Detalles do eventos
Programación da semana da EOI: O mércores 2 de abril ás 19:00 horas, na Aula Magna, contarán con Xesús Alonso
Detalles do eventos
Programación da semana da EOI:
- O mércores 2 de abril ás 19:00 horas, na Aula Magna, contarán con Xesús Alonso Montero, quen impartirá a charla O talante e o talento demótico de Castelao na súa obra plástica e literaria. Esta conferencia será unha oportunidade única para afondar na figura de Castelao e na súa relevancia tanto artística como literaria.
- O xoves 3 de abril ás 18:00 horas a programación continúa cun espectáculo de música e poesía, protagonizado por Fabio Angelli e María Alonso. Esta actividade celebrarase no adro da escola, ofrecendo un espazo de expresión artística e creativa para toda a comunidade.
- A seguir, ás 19:00 horas na Aula Magna, terá lugar un obradoiro organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega en colaboración con Nós Mesmas. O taller abordará a temática da LGTBIfobia e a creación de espazos seguros, promovendo así a inclusión e o respecto dentro do noso ámbito educativo.
Máis
Hora
2 abril, 2025 19:00(GMT+02:00)
Localización
Escola Oficial de Idiomas
Av. de Emilio Martínez Garrido, 17, 36205 Vigo, Pontevedra
Other Events
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual