
Detalles do eventos
O vindeiro domingo 18 de maio, os arredores do estadio de Balaídos acollerán unha gran celebración para despedir a exitosa tempada 2024/25. O Celta organiza
Detalles do eventos
O vindeiro domingo 18 de maio, os arredores do estadio de Balaídos acollerán unha gran celebración para despedir a exitosa tempada 2024/25. O Celta organiza unha festa aberta a toda a afección celeste, que incluirá música en directo, gastronomía tradicional e actividades para todas as idades, coincidindo co partido fronte ao Rayo Vallecano, o último desta tempada que se xogará no estadio vigués.
A xornada festiva comezará ás 12:00 horas e contará cun cartel musical de luxo. Entre os artistas convidados destacan The Rapants, banda de Muros que mestura ritmos disco e guitarras indie cun estilo desenfadado e enérxico; Galician Army, un dúo de DJs que fusiona sons electrónicos con elementos da música tradicional galega; e Festicultores Troup, coñecidos pola súa animación itinerante e o seu espectáculo cheo de humor e festa.
A festa dividirase en tres zonas principais:
- Zona gastronómica: casetas xestionadas maioritariamente por peñas celtistas ofrecerán pratos típicos como polbo, empanada, callos e bocadillos.
- Zona infantil: espazo dedicado aos máis pequenos, con obradoiros, inchables e xogos populares para que tamén poidan gozar da celebración.
- Escenario central: onde terán lugar as actuacións musicais ao longo do día, animando a previa do partido que comezará ás 19:00 horas.
Prezo: As actividades no exterior do estadio son de balde, e as entradas para ver o partido as 19:00 horas pódense mercar AQUÍ.
Máis
Hora
18 maio, 2025 12:00 - 18:30(GMT+02:00)
Localización
Balaidos
Avda. de Balaídos, s/n, 36210 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual