
Detalles do eventos
O artista arxentino Trueno é a sétima actuación confirmada para este verán no auditorio de Castrelos. Despois de Gente de Zona, o conceto de Trueno é a segunda
Detalles do eventos
O artista arxentino Trueno é a sétima actuación confirmada para este verán no auditorio de Castrelos. Despois de Gente de Zona, o conceto de Trueno é a segunda confirmación dun artista internacional para o Vigo en Festas deste verán. Un cartel composto na súa maioría, polo agora, por mulleres españolas entre as que atopamos a Ana Belén, Rozalén, Vanesa Martín e India Martínez.
Trueno, cuxo nomee real é Mateo Palacios Corazzina, é un rapeiro e compositor arxentino. Na súa música fusiona rap, trap e música urbana, e gañou recoñecemento na escena do freestyle e rap a nivel internacional.
Fíxose famoso inicialmente pola súa participación en batallas de freestyle. O seu ascenso na música comezou a ser máis notable cando lanzou o seu primeiro álbum ‘Atrevido’ en 2020, que foi un éxito tanto en Arxentina como noutros países de fala hispana. Algunhas das súas cancións máis populares inclúen ‘Dance Crip’, ‘Mamichula’ (xunto a Nicki Nicole e Bizarrap), e ‘Delito’.
Calendario de concertos:
- 12 de xullo: Ana Belén
- 17 de xullo: Gente de zona
- 18 de xullo: Trueno
- 24 de xullo: Rozalén
- 31 de xullo: Vanesa Martín
- 1 de agosto: Ópera La Traviatta de Giuseppe Verdi
- 16 de agosto: India Martínez
Máis
Hora
18 xullo, 2025 22:00(GMT+02:00)
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual