VIALIA
GIRANDO POR SALAS

09abr(abr 9)17:3016mai(mai 16)20:30'O mundo interior'ARTE E MUSEOS | De balde17:30 - (maio 16) 20:30(GMT+02:00) Sede Afundación

Detalles do eventos

Como podes aburrirte se o mundo está dentro de ti?“. A frase, que o pintor vigués Luis Alcántara (1957-2022) repetía decote aos seus fillos, ten moito que ver coa súa proposta creativa: apelar dende as obras ás experiencias, á memoria e ás emocións de quen se achega a elas, para que as complete dende a súa propia visión, dende o seu mundo. Creacións pictóricas concibidas por Alcántara entre 1982 e 2022 poderán verse dende o mércores 9 de abril na Sala de Exposicións I da Sede Afundación na exposición O mundo interior, promovida pola familia do artista en colaboración coa Obra Social de ABANCA. A mostra, comisariada por Xácome Alcántara, permanecerá aberta ata o 16 de maio e poderase visitar de luns a sábados en horario de 17:30 a 20:30 h.

Luis Alcántara foi un pintor autodidacta, admirador e estudoso da obra de grandes artistas do Renacemento durante distintas estadías en París ou viaxes por Italia. A súa creatividade estivo tamén detrás dunha traxectoria de 40 anos creando marcas. A mostra O mundo interior revisita ambas as súas facetas. Na exposición poden verse 42 obras pictóricas de Alcántara. Ademais, a mostra acolle tamén algúns dos seus traballos máis interesantes coma deseñador gráfico, publicista e creativo. A mostra complétase cun audiovisual que percorre algúns dos aspectos máis destacados da súa
vida e obra.

Máis

Hora

9 abril, 2025 17:30 - 16 maio, 2025 20:30(GMT+02:00)

Localización

Sede Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events