Detalles do eventos
O Mercado da Arte do Calvario, organizado por No todo el pescado está vendido, é unha das citas máis esperadas polos amantes da artesanía e
Detalles do eventos
O Mercado da Arte do Calvario, organizado por No todo el pescado está vendido, é unha das citas máis esperadas polos amantes da artesanía e a ilustración feitos en Galicia. Nesta X edición a organización quere homenaxear o centenario do propio edificio, símbolo do barrio e un dos mercados máis activos da cidade.
O próximo 17 de maio, Día das Letras Galegas, o Mercado do Calvario cambiará os bancais de peixes, froitas, verduras e embutidos por textil, cerámica, xoiería, ilustración, fotografía, libros, proxeccións, obradoiros e música en directo. No primeiro andar haberá a opción de xantar no propio mercado da man de Sukhafunk. O horario da feira será de 11:00 a 20:00.
Programación:

Máis
Hora
17 maio, 2025 11:00 - 20:00(GMT+02:00)
Localización
Mercado do Calvario
Rúa de Urzáiz, 183, 36205 Vigo, Pontevedra