
Diálogos abertos. Trazando liñas de bambú
Detalles do eventos
O próximo martes 18 de xaneiro, o MARCO organiza a xornada DIÁLOGOS ABERTOS, centrada nas relacións entre Galicia e o norte de Portugal, unha iniciativa do experto
Detalles do eventos
O próximo martes 18 de xaneiro, o MARCO organiza a xornada DIÁLOGOS ABERTOS, centrada nas relacións entre Galicia e o norte de Portugal, unha iniciativa do experto en xestión cultural André de Quiroga, que terá lugar no salón de actos do Museo ao longo de toda a mañá. O subtítulo, ‘Trazando liñas de bambú’, alude a unha das pezas da exposición de Susanne Themlitz, que actualmente ocupa as salas da planta baixa, e que funciona como óptimo pano de fondo para este encontro.
O desenvolvemento desta primeira edición dos Diálogos Abertos en Vigo constitúe unha oportunidade para o fortalecemento do diálogo transfronteirizo entre o norte de Portugal e Galicia. Dous territorios cunha herdanza cultural compartida, que as vicisitudes histórico-políticas separaron, pero que os afectos (e a economia) teiman en reunir. A necesidade de consolidar territorio, e de obter escala nas accións –sexan estas de promoción turística, industrial, ou de redes culturais, ensino, formación, exposicións, ou mesmo produción agroalimentaria– invita a reavivar un continuum territorial, onde varios ámbitos se articulan, cos seus respectivos valores, co fin de promover unha eurorrexión fértil e próspera.
Por parte do MARCO, como institución, os Diálogos Abertos pretenden ser unha oportunidade para contribuír, alén do seu papel como Museo e centro de investigación no campo das artes, ao debate sobre perspectivas de futuro en áreas clave, confiando en que desta iniciativa xurdan ideas e proxectos que beneficien ás poboacións de ambos os dous lados da fronteira.
DIÁLOGOS ABERTOS. Trazando liñas de bambú
Martes 18 de febreiro, de 9.00 a 14.30
Organiza: MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Promovida por: André de Quiroga
Salón de actos
Entrada libre ata completar capacidade
Emisión en streaming a través da canle de Youtube do MARCO
PROGRAMA
9.00-9.30
Café de benvida
9.30
Apertura institucional por parte do alcalde de Vigo. Excmo. Sr. D. Abel Caballero Álvarez.
10.00-10.45
Cultura e desenvolvemento. O sector cultural e o seu acceso a novos mercados
Interveñen:
Abel Losada, subdelegado del gobierno en Pontevedra
Manuel Vitorino, vicepresidente Cámara Municipal Viana do Castelo
Modera: Filomena Marques
11.00-11.45
Ecosistema Arte. A cultura como xeradora de riqueza
Interveñen:
Amaia Mauleón, vicepresidenta Spain Film Commission (Vigo Film Office)
Mafalda Santos, directora artística Fundación Bienal de Cerveira
Modera: Óscar Faria
11.45-12.30
Visita guiada á mostra A linguaxe das cousas mudas na compaña da artista, Susanne S. D. Themlitz
12.30-13.15
Turismo cultural. Cooperación institucional e complementariedade de oferta na Eurorrexión
Interveñen:
Manuel Carazo, presidente Colexio Oficial de Arquitectos de Vigo
Luis Pedro Martins, presidente de Turismo do Porto e Norte de Portugal
Modera: Ana Baena
13.15-14.30
Instituciones. Circulación e itinerancia de contidos expositivos, préstamos e coleccións
Interveñen:
Miguel Fernández-Cid, director MARCO, Vigo
Benjamin Weil, director CAM – Centro de Arte Moderna Gulbenkian, Lisboa
Modera: Carolina Sertal
14.30
Fin da xornada
Máis
Hora
18 febreiro, 2025 09:00(GMT+01:00)
Hoxe móvese
- Mes actual