Castrelos: Dani Fernández
13xul22:00Castrelos: Dani FernándezCONCERTOS | 10,00 €22:00(GMT+02:00) Parque Castrelos
Detalles do eventos
O sábado 13 de xullo o cantante Dani Fernández actuará no auditorio de Castrelos, dentro da programación Vigo en Festas. Dani Fernández é un cantante
Detalles do eventos
O sábado 13 de xullo o cantante Dani Fernández actuará no auditorio de Castrelos, dentro da programación Vigo en Festas. Dani Fernández é un cantante e músico español, coñecido por ser o vocalista principal da banda Auryn. Tras a separación do grupo en 2016, iniciou a súa carreira en solitario. En 2019 lanzou o seu primeiro álbum en solitario, Incendios, cun total de 10 cancións, incluíndo unha colaboración con Andrés Suaréz, e en 2022 publicou o segundo, Entre las dudas y el azar.
Foi galardado co Premio Ondas, 2022, por ser considerado “fenómeno musical do ano” e o Premio Ídolo 2023, na categoría de Música.
O concerto de Dani Fernández é o segundo confirmado no auditorio a ceo aberto para este verán. Abel Caballero anunciou que Castrelos acollerá en 2024 14 concertos de artistas nacionais e internacionais e que serán desvelados nos próximos meses. O que si sabemos é que en dez destes concertos o público estará de pé e nos catro restantes dispoñeranse cadeiras para que os asistentes gocen dos recitais sentados. A estes catorce concertos hai que sumar catro espectáculos destinados ao público familiar.
Venda de entradas:
As entradas para o concerto de Dani Fernández poñeranse á venda o 8 de xullo e terán un prezo de 10,00 €
O Concello anunciou esta mañá cambios no sistema de compra das entradas, que será do seguinte xeito. Poranse á venda un total de 5.000 entradas, 1.000 online e 4.000 en persoa, repartidas entre a mañá e a tarde. Entre as 9:30 e as 13:00 repartiranse 2.000 presenciais e 500 online, e a mesma cantidade de 16:30 a 20:00.
A reserva de entradas presencial múdase do Concello ao Auditorio de Castrelos, onde se instalarán seis taquillas para facer o proceso máis áxil. Cada persoa poderá retirar ata catro entradas. A novidade máis importante deste verán é que as entradas serán nominativas, polo que é preciso amosar unha copia do DNI no momento da compra e o documento orixinal no acceso ao recinto o día do concerto.
Programación Castrelos
13 xullo – Dani Fernández – 121.000 €
17 xullo – Una casita con encanto (infantil) – 18.137,90 €
20 xullo – Coral Casablanca – 44.165 €
23 xullo – Luis Fonsi – 245.630 €
25 xullo – Sen Senra – 116.765 €
31 xullo – Las orejas de mariposa (infantil) – 10.012,75 €
2 agosto – Luz Casal – 167.585 €
3 agosto – Aitana – 786.500 €
5 agosto – La cajita de los sueños (infantil) – 17.774,90 €
7 agosto – UB40 – 291.368 €
9 agosto – Ópera: Rigoletto – 48.763 €
12 agosto – Cantajuego (infantil) – 46.101 €
14 agosto – Víctor Manuel – 205.700 €
16 agosto – Vetusta Morla e Xoel López – 332.750 €
17 agosto – Melendi – 350.900 €
Máis
Hora
13 xullo, 2024 22:00(GMT+01:00)
Hoxe móvese
Mes actualnovembro
Séguenos nas redes