
15abr19:00DOAUDIBLE25: A ARTE DO GUNZHENGCONCERTOS | De balde19:00(GMT+02:00) Museo do Mar
Detalles do eventos
O vindeiro martes 15 ás 19:00 h no Museo do Mar de Galicia en Vigo terá lugar o concerto inaugural do ciclo DOAUDIBLE25.
Detalles do eventos
O vindeiro martes 15 ás 19:00 h no Museo do Mar de Galicia en Vigo terá lugar o concerto inaugural do ciclo DOAUDIBLE25.
DOAUDIBLE25 presenta en exclusiva A ARTE DO GUNZHENG, unha produción orixinal que inclúe varias colaboracións internacionais.
Unha colaboración coa Bienal de Zagreb e o Hong Kong New Music Ensemble que procura a integración do Guzheng, cítara tradicional chinesa, símbolo do taoísmo e das clases populares, nun contexto de música nova. É tamén unha oportunidade para achegarnos á cultura de Hong Kong e a poesía chinesa tradicional e desfrutar das últimas creacións de Sonja Mutić (Cro/Serbia), Angus Lee (HK), Camilo Mendez (Colombia/HK) e Pilar Miralles. Completará o concerto a lectura dunha selección de poemas Ci da poetisa da dinastía Song, Li Qingzhao (1084-c. 1155). Íntimamente ligados coa música, os poemas Ci (literalmente “palabras de cancións”) foron compostos para unha melodía preexistente, agora perdida.
DOAUDIBLE25 é un ciclo de concertos promovido por Vertixe Sonora, que procura a normalización da escoita de música contemporánea no noso territorio. A investigación de puntos de encontro entre a música, a ciencia, a tecnoloxía, a arte e o pensamento é o eixo central do ciclo, que busca favorecer o achegamento do público non especializado á creación artística contemporánea.
Máis
Hora
15 abril, 2025 19:00(GMT+02:00)
Localización
Museo do Mar
Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual