O Barco do Nadal
04decTodo o día04xanO Barco do NadalAS NOSAS FESTAS | 12,00€(Todo o día)(GMT+01:00) CC A Laxe
Detalles do eventos
Mar de Ons súmase ás numerosas actividades do Nadal en Vigo cunhas exclusivas rutas marítimas. Baixo o nome ‘O Barco do Nadal de
Detalles do eventos
Mar de Ons súmase ás numerosas actividades do Nadal en Vigo cunhas exclusivas rutas marítimas.
Baixo o nome ‘O Barco do Nadal de Vigo’, vigueses e turistas poderán navegar polo interior da ría que leva o seu nome nun ambiente típico do Nadal. Para iso, a navieira destinará unha das súas embarcacións para realizar estes paseos marítimos do Nadal onde, ademais do mar e a costa de Vigo, o Nadal será a protagonista a bordo, ofrecendo unha alternativa de lecer diferente e orixinal para todos os públicos.
Durante a travesía polo interior da ría de Vigo, dunha hora e media de duración, os interesados poderán gozan dun delicioso viño quente de benvida, pastas do Nadal, a mellor música do Nadal da man dun DJ e servizo de bar a bordo. Pero antes de que o barco parta, haberá outro servizo dirixido aos máis pequenos que terán a oportunidade de visitar a embarcación e coñecer persoalmente a Papá Noel ou o Paxe Real, entre as 18:00 e 19:00.
O Barco do Nadal de Vigo estará atracado na dársena da Laxe e o servicio arrincará o sábado 4 de decembro e desenvolverase practicamente a diario ata o 4 de xaneiro con saídas de tarde. Os billetes poderanse adquirir previamente nos despachos de billetes da navieira ou na páxina web www.mardeons.com xa que as prazas serán moi limitadas. O prezo deste servizo é de 12,00 € adulto (maiores de 12 anos), 8,00 € infantil (de 3 a 12 anos) e menores de 3 anos, gratis.
Máis
Hora
4 decembro, 2021 - 4 xaneiro, 2022 (Todo o día)(GMT+01:00)
Localización
CC A Laxe
Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra