
Detalles do eventos
O Lar das Artes vén de anunciar nas súas redes sociais que esta fin de semana será a última que permaneza aberta pois, por causas alleas ao local,
Detalles do eventos
O Lar das Artes vén de anunciar nas súas redes sociais que esta fin de semana será a última que permaneza aberta pois, por causas alleas ao local, vense na obriga de cesar a súa actividade. Como ben indican no cartel da programación, esta despedida pode ser un “ata pronto”, xa que os responsables non descartan buscar un novo local para continuar coa súa actividade gastronómica e cultural.
En setembro de 2022 abría en Matamá, fronte ao cemiterio (rúa Ribelas 60), O Lar das Artes. Autodefínese como un asador cultural, xa que alí podemos degustar deliciosas carnes ao estilo uruguaio mentres desfrutamos dunha variada programación artística: concertos, monólogos e eventos varios. Detrás deste proxecto están Tincho Fernán e Nuria González, ambos artistas musicais ben coñecidos na nosa cidade.
Para poñer rematar esta etapa organizan unha fin de semana chea de música, como é habitual neste local desde a súa apertura hai case tres anos.
Venres 25 – 21:30 h – Óscar Limón
Sábado 26 – 21:30 h – Ousmane
Domingo 27 – 12:30 h – Gran despedida: Homenaxe 80 vigués por Limón and Friends
Máis
Hora
27 abril, 2025 12:30(GMT+02:00)
Localización
O Lar das Artes
Rúa Ribelas, 60, 36213 Vigo, Pontevedra