O Apalpador visita Vigo este venres
23dec18:00O Apalpador visita Vigo este venresPEQUERRECHOS | De balde18:00(GMT+01:00) Plaza do Berbés
Detalles do eventos
O carboeiro máis destacado da tradición galega, coñecido como o Apalpador, está a piques de comezar o seu camiño anual. Baixará dos montes do Courel, lugar onde vive
Detalles do eventos
O carboeiro máis destacado da tradición galega, coñecido como o Apalpador, está a piques de comezar o seu camiño anual. Baixará dos montes do Courel, lugar onde vive todo o ano, cara os pobos das cidades galegas. A tradición conta que o 23 de decembro ía casa por casa tocándolle a barriga a todos os pequechos para ver se comeran abondo durante o ano e deixándolles un bo puñado de castañas e un agasallo para desexarlles un bo ano cheo de felicidade e fartura con palabras como “así estexas todo o ano”. Ataviado cunha boina para tapar a cabeza do frío, unha zamarra chea de farrapos cosidos e cargado cun bo saco de castañas, chegará a Vigo
O venres 23 de decembro a Coordenodora da Figura do Apalpador en Vigo organiza unha tarde de actividades arredor desta figura da nosa tradición de Nadal.
A primeira parada é na praza de Eugenio Fadrique a onde chegará ás 18:30h acompañado do Trebón do Berbés.
Mentres no Berbés teñen programadas as seguintes actividades:
-18h Pandereteiras Tarambainas.
-19h Barafunda teatro.
-19h45 Chegada do Apalpador.
Máis
Hora
23 decembro, 2022 18:00(GMT+01:00)
Localización
Plaza do Berbés
Avenida de Beiramar, 36202 Vigo, Pontevedra