VIALIA
MAGIC LAXE

O acceso ao acendido das luces deste sábado estará restrinxido a sete mil persoas

16nov20:00O acceso ao acendido das luces deste sábado estará restrinxido a sete mil persoasAS NOSAS FESTAS | De balde20:00(GMT+01:00) Porta do Sol

Detalles do eventos

O Nadal de Vigo arranca o sábado 16 de novembro ás 20.00 horas co acendido da luces de Nadal en toda a cidade olívica. O evento de inauguración terá lugar na árbore xigante, que está instalado en Pórta do Sol. O acceso a zona do acendido estará restrinxido e delimítase un aforo máximo de 7.000 persoas. A partir das 15:00 h esta zona estará pechada e se poderá acceder a partir das 18:05 h ata que se complete o aforo máximo. Estableceranse uns corredoiros perimetrais para a circulación peatonal xeneral aos que se pode acceder desde Doutor Cadaval, Carral, Policarpo Sanz e Príncipe. Ademais, habilitaranse dúas pantallas para poder seguirlo en directo na Farola de Urzaiz e Policarpo Sanz.

O Plan de Mobilidade de Nadal activarase ao tempo que se acenden as luces, ás 20,00h do próximo sábado 16 de novembro. Ante o previsible aumento de peóns e coches no centro, estableceranse cambios no tráfico habitual baseándose en tres eixos: respecto ao acceso rodado aos domicilios, circulación máxima de vehículos a 10km/h e favorecer o servizo de transporte público.

O horario da iluminación de Nadal será de domingo a mércores de 18.00 a 1.00 horas, xoves a sábado, días festivos e vésperas de festivos de 18.00 a 4:00 horas, e as noites do 23, 24, 25, 30 e 31 de decembro, e noites do 1, 5 e 6 de xaneiro as luces permanecerán acesas toda a noite.

A ornamentación de Nadal en Vigo contará con algunhas novidades, como:
Bosque neurálxico do Nadal, na Porta do Sol.
Nadal na praza de Vialia, con pista de xeo e un tiovivo.
Exposición de Harry Potter, nas inmediacións do Náutico.
Mercado de Nadal, en Bouzas.
Pórticos de Nadal, en Elduayen.
Trasgos xigantes, en García Barbón.
Luces Ecogreenlux, en Marqués de Valladares.
Árbores de Nadal, no Calvario e nas rotondas de Cabral.

O Nadal contará con outras atraccións e ornamentos que se manteñen de edicións pasadas como:
-Árbore xigante, duns 60 metros de altura na Porta do Sol.
-Carrusel, na Porta do Sol e no Areal
-Caixa de regalo xigante de 14 metros de altura, no cruce entre Gran Vía e Urzáiz.
-Bóla de luces, na Rúa Urzáiz.
-Árbores e zorras, repartidos por Príncipe.
-Familias de alces e huskies, no Museo de Arte Contemporánea.
-Boneco de Neve Xigante, con 12 metros de altura no Centro Comercial Vialia.
-Estrela de Belén, na rúa García Barbón.
-Ánxeles xigantes tocando a trompeta, na escalinata contigua á igrexa Santiago de Vigo.
-Carroza, na rúa Policarpo Sanz.
-Caixa de regalos de 3 metros.
-Papá Noel na farola,
 en Eduardo Iglesias.
-Estrela Pórtico na rúa Policarpo Sanz.
-Banco de Papá Noel e Farol
-Oso xigante con cajas de regalo
-Globo de Papá Noel,
 na rúa Policarpo Sanz.
-Reis Magos con ofrenda
-Bosque Animado, na rúa Policarpo Sanz.
-Castelo (Photocall), en Policarpo Sanz.
-Caseta de Papá Noel e do Carteiro Real, de 17.00 a 21.00 horas de luns a venres e de 11.00 a 14.00 horas sábados domingos e festivos.
-Violinista con caixas de Vigo.
-Belén Monumental, na Casa das Artes.
-Trineo de renos brancos, en Eduardo Iglesias.
-Zorra de Papá Noel con renos
-Carroza de conto con unicornio,
 na Porta do Sol.
-Poboado de Nadal, na praza da Pedra.
-Farol Xigante no cruce de Chao con Méndez Núñez.
-Noria xigante, Rúa Colón con Areal.
-Exposición de dinosaurios “WinWord”, na carpa instalada nos xardíns González de Haz.
-Tren Turístico, dous trens con percorrido polo centro da cidade e As Travesas.
-Mercado de Nadal Cíes Market, na Alameda
-Mercado de Nadal Calvario, na peonil de Urzáiz
-Circo de Nadal, na Avenida de Castelao
-Pista de xeo e karts, en Samil

Máis

Hora

16 novembro, 2024 20:00(GMT+01:00)

Localización

Porta do Sol

Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events