'Nos días encantados de agosto' de Manolo González
Detalles do eventos
Presentación de ‘Nos días encantados de agosto’ de Manolo González, unha biografía do fotógrafo e cineasta José Gil. No evento participarán Ignacio Vilar, Xisela Franco e Miguel A.
Detalles do eventos
Presentación de ‘Nos días encantados de agosto’ de Manolo González, unha biografía do fotógrafo e cineasta José Gil. No evento participarán Ignacio Vilar, Xisela Franco e Miguel A. Romero.
O historiador Manolo González, profesor, axitador do audiovisual -desde o videoarte dos 80 ao actual Novo Cinema Galego-, polifacético e entusiasta, acaba de publicar o libro definitivo sobre José Gil (1870-1937) tras décadas de investigación na vida e obra do fotógrafo e cineasta, inventor descoñecido, verdadeiro precursor do cinema galego. Baixo o título “Nos días encantados de agosto” publica en Galaxia unha biografía fascinante, erudita á vez que atractiva, co pano de fondo histórico sobre o que recompoñer a vida de Gil, poñer en valor a súa mirada artística deste “iconauta” que naceu en Rubiós (As Neves) e morreu en Vigo, que descansa en Pereiró e que filmou Galicia “todos os agostos entre 1910-1934”.
Máis
Hora
20 xaneiro, 2023 19:30(GMT+01:00)
Localización
Casa del Libro
Rúa Velázquez Moreno, 27, 36202 Vigo, Pontevedra