Neomak + Catuxa Salom
25feb22:00Neomak + Catuxa SalomCONCERTOS | Desde 8,00€22:00(GMT+01:00) Sala Rebullón
Detalles do eventos
O grupo Neomak conxuga o son orgánico da trikitixa tradicional cos sons electrónicos que posibilitan as novas tecnoloxías, de tal maneira que van romper co establecido ata
Detalles do eventos
O grupo Neomak conxuga o son orgánico da trikitixa tradicional cos sons electrónicos que posibilitan as novas tecnoloxías, de tal maneira que van romper co establecido ata o presente. O grupo fórmano sete mulleres novas que, convertendo vellos temas en novas cancións, veñen remover as entrañas das e os espectadores, e co seu primeiro disco, alén dun concerto, ofrecen un espectáculo acabado e unha experiencia xenuína, que nos obrigará a empregar todos os nosos sentidos.
Catuxa Salom, entre Galicia, onde naceu, e Latinoamérica, de onde provén a súa familia. Entre a música de raíz, coa que creceu, e a electrónica, coa que xeracionalmente coexiste. Entre o rural, onde agora vive, e o urbano, onde se formou e curtiu profesionalmente… Case todo na vida de Catuxa Salom cabalga entre dous mundos. A música, a estética, as paixóns… «É super enriquecedor. É como que tes sempre e para calquera cousa dúas fontes de inspiración», conta a artista, unha das grandes revelacións da música galega deste 2023. A culpa tena unha imaxe rompedora, un discurso consecuente, un feixe de concertos e, sobre todo, Nunha aldea, o seu primeiro e revelador disco.
O sábado 25 de febreiro ás 22 horas na Sala Rebullón. Entradas: Anticipada aquí: 8,00€. Taquilla: 10,00€.
Máis
Hora
25 febreiro, 2023 22:00(GMT+01:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Hoxe móvese
Séguenos nas redes