
03mai20:30NAPALM FESTCONCERTOS | Caixa inversa20:30(GMT+02:00) Sala Rebullón
Detalles do eventos
O sábado 3 de maio, prenderá o seu lume na sala Rebullón o Napalm Fest, o festival que ofrece as actuacións de catro bandas de metal, con entrada
Detalles do eventos
O sábado 3 de maio, prenderá o seu lume na sala Rebullón o Napalm Fest, o festival que ofrece as actuacións de catro bandas de metal, con entrada de balde e finalidade solidaria.
O Napalm Fest Southern Edition vaise celebrar este sábado 3 ás 20:30 horas, con entrada a través de billeteira inversa, no que o público aboa ao remate do espectáculo a cantidade que considera xusta polo espectáculo que vén de presenciar, para apoiar ao evento.
Quen asista, poderá gozar da enerxía de catro grupos. De Madrid chegan The Ancient Arrival, que se fixeron un nome na escena local pola súa proposta potente que combina elementos clásicos e modernos do metal. Tamén actuará Cabodano, unha das bandas galegas máis destacadas do metalcore actual. Os de Sigüeiro fusionan o xénero con elementos do thrash, punk e hardcore.
En terceiro lugar, o Napalm Fest programa a actuación de Beach Avenue, un grupo lucense de grunge e nu metal que, en menos de dous anos de traxectoria, logrou abraiar ao público e converterse nunha das novas promesas do xénero en Galicia. Por último, o festival contará coa contundencia do groove metal dos vigueses Vákner.
Ademais, unha vez máis, a edición de 2025 ten un compoñente solidario. A organización do festival colabora co Frente L.A. Santuario Animal, entidade lucense de protección animal destinado a aqueles animais que foron discriminados ou maltratados pola sociedade. Neste espazo atopan a liberdade e os coidados que precisan para levar unha vida saudable e feliz. O santuario atópase en Lugo, nunha finca rodeada por varios quilómetros de bosque, na que os animais poden gozar de varias hectáreas de verdes praderías e zonas arboradas.
Máis
Hora
3 maio, 2025 20:30(GMT+02:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual