Galaxia

decembro, 2021

Este é un evento repetitivo

30dec20:30Musical 'Antoine'ESPECTÁCULOS | Desde 27,50€20:30 Mar de Vigo

Musical 'Antoine'

O musical ‘Antoine’ chega a Vigo os días 29 e 30 de decembro. O espectáculo representarase no Auditorio do Mar de Vigo ás 20:30h ambos días.

A obra de ‘Antoine’ permite coñecer a historia do Antoine de Saint- Exupéry, o creador da obra universalmente coñecida e segundo libro máis traducido no mundo despois da Biblia: ‘O Principiño’. Esta obra representa a unión que existiu entre o seu autor e o seu principal personaxe e reflicte unha vida enteira marcada pola aventura, onde se enxalza a grandeza do ser humano por encima do individualismo.
Antoine foi un adiantado ao seu tempo que levou a súa paixón por coñecer o mundo onde ninguén antes imaxinara e nesta obra convídase o espectador a reflexionar sobre os aspectos máis relevantes da vida, mesmo a entender aquilo que é invisible aos ollos.

A mítica banda Elefantes foi a encargada de compoñer a música desta obra. Ademais, o musical xa conta coa súa propia banda sonora. O elenco orixinal foi o encargado de interpretar as cancións que dan vida a este musical, cancións que nos trasladan a esta incrible historia na que coñecemos aqueles aspectos da vida do autor que marcaron a súa personalidade, a través da visión da súa obra máis importante.

O musical foi nomeado recentemente a dous premios MAX das artes escénicas: ‘Mellor espectáculo revelación’ e ‘Mellor composición musical para espectáculo escénico’. Os prestixiosos premios teatrais que outorga a Fundación SGAE.

Idade recomendada: a partir de 12 anos.

Entradas á venda a través de www.teuticket.com

Máis

X