
13mai10:00'Música a flor de pel'CONCERTOS | -10:00(GMT+02:00) CEE Saladino Cortizo
Detalles do eventos
O programa de Afundación, a Obra Social de ABANCA, Música a flor de pel chega ao CEE Saladino Cortizo de Vigo mañá martes 13 de maio con dous
Detalles do eventos
O programa de Afundación, a Obra Social de ABANCA, Música a flor de pel chega ao CEE Saladino Cortizo de Vigo mañá martes 13 de maio con dous concertos didácticos ás 10.00 e ás 12.00 h. 160 nenos e nenas particparán no concerto didáctico que ofrecerán Xoán Curiel, artista, compositor e terapeuta Gestalt, e Diana González, actriz, dinamizadora e profesora de teatro. Ambos presentan unha actividade escénica con cancións orixinais baseadas nas músicas do mundo: reggae, pop, rock, tradicional etc., xerando unha experiencia en directo para aprender sons e ritmos a través de elementos teatrais, de narración oral ou do clown.
Nesta edición 2025 preséntanse tres propostas distintas entre as que os centros poden escoller aquela que lle resulte máis atractiva e adecuada. Por unha banda, a Fundación IgualArte, que traballa a arte con persoas con capacidades diferentes, ofrece tres espectáculos distintos: un concerto de música tradicional, a cargo da agrupación De t@pas; unha proposta musical partindo de composicións infantís, para público máis novo, coa Agrupación Musical Lavanda e «Música con sentido», unha creación sensorial para experimentar cos diferentes sentidos.
Por outro lado, a proposta de Pedro Campos, un concerto no que o intérprete de percusión, cantante e musicoterapeuta, ex integrante do recoñecido grupo cubano David Álvarez y Juego de manos e da Orquestra Galega Televisión de Galicia, entre outras agrupacións, crea un momento divertido e cheo de ledicia utilizando a percusión: batería virtual, bongós, timbais, maracas, etc.
A última proposta é a de Xoán Curiel, artista, compositor e terapeuta Gestalt, e Diana González, actriz, dinamizadora e profesora de teatro. Ambos presentan unha actividade escénica con cancións orixinais baseadas nas músicas do mundo: reggae, pop, rock, tradicional etc., xerando unha experiencia en directo para aprender sons e ritmos a través de elementos teatrais, de narración oral ou do clown.
Máis
Hora
13 maio, 2025 10:00(GMT+02:00)
Localización
CEE Saladino Cortizo
Rúa Carballal, 60, 36318, Vigo (Pontevedra)
Hoxe móvese
Mes actualmaio
- Mes actual