REVISTA MARZO

MOZART & RESPIGHI: Entre clasicismo e neoclasicismo

12mar20:30MOZART & RESPIGHI: Entre clasicismo e neoclasicismoCONCERTOS | Desde 14,60 €20:30(GMT+01:00) Auditorio Teatro Afundación

Detalles do eventos

A música de Ottorino Respigi supuxo unha renovación na música italiana do primeiro terzo do S.XX, un artista que sintetizou a tradición músical italiana coas correntes do momento propoñendo unha nova vía de modernidade estilística. Un interesantísimo compositor de óperas, ballets e sinfonias de gran fama internacional, cuxo traballo e investigacións sobre a música italiana dos séculos XVI, XVII e XVIII serviron para revisitar estes antigos repertorios, anticipando a vixencia actual da que gozan.

É por isto que neste programa construímos unha interesante ponte entre o Clasicismo e o Neoclasicismo: dúas épocas distantes no tempo e conectadas polo estilo. A outra marxe do programa estará conformada pola Sinfonía concertante para violín, viola e orquestra en mi bemol mayor, K. 364/320d, de W. A. Mozart.

Compra as túas entradas AQUÍ.

Máis

Hora

12 marzo, 2025 20:30(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Teatro Afundación

Marqués de Valladares s/n

Other Events