VIALIA
GIRANDO POR SALAS

12abr19:00MOSKA ROCKCONCERTOS | Desde 18,00 €19:00(GMT+02:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

Esta fin de semana a Rebullón acolle a edición 2025 do mítico Moska Rock, que este ano chega co seu cartel máis potente con seis bandas sobre o escenario: Dakidarría, Seitura, Maskarpone, La DGT, Sapoconcho SemPoncho e Zur2djs.

Dakidarría é unha referencia da escena musical galega desde hai máis de vinte anos, reggae, ska e punk con letras reivindicativas e compromiso social, un son alegre e divertido cun directo enérxico.

Seitura chega desde o Val Miñor e son os recentes gañadores do concurso de maquetas Millo Verde 2024, grazas ao seu talento no punk rock, cheo de potencia, rabia e moita actitude.

A banda ourensá Maskarpone destaca pola súa heteroxeneidade musical, con estilos tan diversos coma o ska, o rock, o funk ou a música tradicional, e tamén lírica, con temáticas que falan de crítica social e outras máis intimistas. Moitos festivais xa deron fe do seu talento, co que van conquistar o Moska Rock.

La DGT é unha banda de punk viguesa fundada hai só dous anos, mais con impacto na escena. Presentan un directo potente e enérxico, que non deixa a ninguén quedo e de seguro fará tremer á Rebullón.

Sapoconcho SemPoncho é un viaxeiro musical que porá a bailar ao público coa súa ruta pola orografía dos sons, desde os Andes ata Europa. Partindo da cumbia en todas as súas variantes ata a divertida música balcánica, o folk galego ou a percusión africana e os ritmos xamaicanos.

Zur2djs son DJ’s galegos veciños de O Porriño e defínense como amantes da música alternativa de todas e todos, e están dispostos a non deixar a ninguén en pé no afterparty do festival, a base de temazos de todos os estilos e tamén de todas as partes do mundo.

O Moska Rock terá lugar na Sala Rebullón este sábado a partir das 19 horas, con entradas desde 18 euros en anticipada, á venda online AQUÍ e tamén na cantina do CSCD As Pedriñas, ou a 23 euros na billeteira.

Máis

Hora

12 abril, 2025 19:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events