REVISTA ABRIL

24abr18:30Miteu: 'Saxo tenor'ESPECTÁCULOS | De balde18:30(GMT+02:00) Teatro Cidade Universitaria

Detalles do eventos

O Teatro da Cidade Universitaria do campus de Vigo acolle a XXVII edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario, Miteu. Entre o mércores, 23 de abril, e o xoves, 15 de maio, haberá cinco representacións gratuítas de obras tanto de autores clásicos como contemporáneos. Estas estarán a cargo das aulas de teatro dos campus de Pontevedra, Ourense e Vigo, así como da mexicana Carla Novi e da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

Precisamente, a ESADg é quen subirá o pano da Miteu. Medea, unha e todas é unha revisión contemporánea e combativa do mito clásico, no que Medea deixa de ser só un personaxe para converterse nun símbolo colectivo. A peza, partindo de textos de Eurípides, Séneca e Manuel Lourenzo, cuestiona fortemente as estruturas de poder que someteron ás mulleres, ás estranxeiras e a todas as que non encaixan, ao longo da historia.

Un día máis tarde, será o turno da Aula de Teatro do campus de Pontevedra. Saxo Tenor comeza cun mozo falecido por morte violenta, aínda que realmente a obra arranca dous anos despois, cando alguén, supostamente xornalista, intenta aclarar a verdade.

Tras unha semana de parón, a Aula de Teatro do campus de Ourense retoma con forza a actividade. Ludovico 2.5, inspirada libremente en A laranxa mecánica (Anthony Burguess), ofrece ao público unha sátira social e unha proposta ao redor da violencia.

A continuación, a artista mexicana Carla Novi, dirixe e interpreta unha obra propia. Luchadoras reflexiona sobre ata onde estamos dispostos a chegar na nosa loita por conseguir o que queremos. Un drama social protagonizado por Mara, unha loitadora mexicana que durante anos non puido avanzar na súa profesión ao non cumprir coas regras sexualizadas da loita feminina.

Por último, a Aula de Teatro do campus de Vigo pecha a mostra. Divinas Palabras, a tragicomedia de aldea de Ramón María del Valle-Inclán, un drama protagonizado por seres marxinais no que a acción céntrase na familia dos Gailos.

PROGRAMACIÓN COMPLETA

  • Mércores 23 de abril ás 18:30h – Medea, unha e todas, da ESADG
  • Xoves, 24 de abril – Saxo tenor da Aula de Teatro do campus de Pontevedra
  • Mércores, 7 de maio – Ludovico 2.5 da Aula de Teatro do campus de Ourense
  • Xoves, 8 de maio – Luchadoras de Carla Novi
  • Xoves, 15 de maio – Divinas palabras da Aula de Teatro do campus de Vigo

Máis

Hora

24 abril, 2025 18:30(GMT+02:00)

Localización

Teatro Cidade Universitaria

Campus Universitario, Plaza Miralles, s/n, 36310 Vigo, Pontevedra

Other Events