PORTAMERICA
CAMELIAS NADAL

Micro SonRías: Mounqup

30xul18:00Micro SonRías: MounqupCONCERTOS | De balde18:00(GMT+02:00) Bueu

Detalles do eventos

A música francesa afincada no rural ourensán Mounqup abre mañá xoves, 30 de xullo, pola tarde á beira do Río Bispo o MicroSonRías Baixas, unha coidada proposta de pequeno formato coa que a organización do Festival SonRías Baixas -que celebraría esta fin de semana a súa 18ª edición- quere compartir con parte do seu público o seu amor pola música, sen poñer en risco a súa saúde, nin a dos artistas, nin a do resto das persoas que colaboran co festival, nin a das veciñas e veciños da vila.

Dúas ducias de afortunadas persoas gozarán coa experiencia hipnotizante de escoitar nun dos muíños do río a particular proposta musical de Mounqup, na que usa tanto o galego como o inglés e o francés para navegar polo jazz, o soul e o r&b subida á nave da electrónica. Ao rematar o microconcerto, a expedición dirixirase ao obrador da Panadería Amador onde aprenderán todos os segredos do Pan de Galicia. Os convites para as actividades de día, que continuarán o venres cun microconcerto de Rayden en Ons e o sábado co de Arco na Igrexa de Santa María de Cela, están esgotados.

SALIDA : Pabellón de Bueu

INICIO: 18:00h

FIN DE LA ACTIVIDAD: 22:00h

PREZO: gratuita previa inscripción (plazas limitadas)

INCLÚE: Ruta dos Muíños do Río Bispo + Micro concierto de Mounqup + Obrador de Pan de Galicia.

Máis

Hora

30 xullo, 2020 18:00(GMT+01:00)

Localización

Bueu

Bueu, Pontevedra

Other Events