CAMELIAS MASCOTAS

Meu Fest Vintage

30ago01setMeu Fest VintageFESTIVAIS E FEIRAS|De balde (agosto 30) 16:00 - (setembro 1) 22:00(GMT+02:00) Peirao do Náutico

Detalles do eventos

O Naútico de Vigo acollerá o próximo 30, 31 de agosto e 1 de setembro o Naútico de Vigo acollerá a nova edición de Meu Fest Vintage.

Meu Studio é un proxecto novo que ten como obxectivo a unificación de todas as formas de lecer e cultura do panorama actual, dirixíndonos maioritariamente ao público novo. O obxectivo principal é dar a visibilidade e o recoñecemento merecido a todas as artistas locais, así como artesás e marcas emerxentes, todo iso baixo un ambiente festivo e con actividades en directo.

Esta vez a cidade escollida para realizar o evento será Vigo. O evento terá lugar os días venres 30 de agosto, sábado 31 de agosto e o domingo 1 de setembro de 2024 de 12:00 a 22:00h. A localización elixida é a chaira da Zona Náutico (Rúa Cánovas del Castillo). Nesta edición contaremos con máis de 60 postos, así como música en directo e postos de comida e bebida durante as tres xornadas.

Máis

Hora

30 agosto, 2024 16:00 - 1 setembro, 2024 22:00(GMT+01:00)

Localización

Peirao do Náutico

As Avenidas, s/n, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events