CAMELIAS MASCOTAS

Mercado Reciclado

09mar12:0021:00Mercado RecicladoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde12:00 - 21:00(GMT+01:00) Simia Espacio

Detalles do eventos

Marzo é un mes no que o mercado florece e renace como un xardín cheo con tons vibrantes con arte local, deseño e ilustración e, nesta ocasión, tamén literatura. Como é habitual, terá lugar este sábado 9 en Simia de 12:00 a 21:00.

Con Mercado Reciclado Felicetta retoma ese espíritu co que comezou o seu negocio. “Nun inicio non ía ser un evento periódico, pero a xente mo pediu”, conta Gualtieri. Nesta feira mensual encontramos prendas de segunda man, xoias artesás e marcas que, como ela, practican a suprerreciclaxe textil. “Creo que os mercados son imprescindibles para as pequenas marcas e tamén un punto de encontro para non sentirnos tan soas”. Engade que as veces o importante non é vender moito na propia feira, pero si darse a coñecer.

Na primeira planta haberá nove postos variados de Arte/ Deseño/Upcycling/ Literatura. Na entreplanta atoparás o taller de Felicetta Gualtieri, onde poderás cambiar tres prendas por outras tres na zona de troco.

A comida vegana corre a cargo de Sukha Funk.

Programa:

12:00 h: inicio do evento
13:00 h: acústico poético, presentación libro de poesía + música e pintura con @Marinainaina.g
17:30 h: duo dj session con @Miguel.garabatos e @Luismatg (mezclas efímeras)
19:30 h: banda Lápidas & Calaveras en formato acústico
21:00 h: fin do evento

Máis

Hora

9 marzo, 2024 12:00 - 21:00(GMT+01:00)

Localización

Simia Espacio

Rúa de Alfonso XIII, 9 Vigo, Pontevedra

Other Events