Mercado Reciclado
18feb11:00Mercado RecicladoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde11:00(GMT+01:00) Simia Espacio
Detalles do eventos
O próximo 18 de Febreiro volve o Mercado Reciclado a Simia na súa IV edición. Nesta ocasión haberá dobre celebración, divertirse co entroido e enxalzar
Detalles do eventos
O próximo 18 de Febreiro volve o Mercado Reciclado a Simia na súa IV edición.
Nesta ocasión haberá dobre celebración, divertirse co entroido e enxalzar a Santa Valentina, porque San Valentín está pasado de moda, e coa nosa Valentina, aplaudimos que somos valentes permitíndonos continuar na profesión de artistas e currarnos cada día o que isto conleva.
PROGRAMA
13:00h – Djjelen Electrónica efémera
18:30 – Alejandro. Márquez Acústico Rock
19:30 – Jpatinop Funk
20:00h – CONCURSO DISFRACES.
O premio ao mellor disfrace gozará dun vale que poderá trocar por estas tres opcións molonas das que elixirá unha:
1- Cariñitos de mans con Maria Valera estética.
2- Taller para un curso de O almacén cultural.
3- Taller Cerámico con Rabuda ceramica de Taller ceramico fango.
Pepa de taller cerámico Lodo impartirá unha master class de: 11 a 14h Master Class Cerámico
O mesmo día do evento, comezan varios talleres en Simia a través de O Almacén cultural.
- 11 a 14h Introdución á performance con Constance Hurley
- 17 a 20h Master Class Tapiz de Malla con Maritza Bertolini
Degustaremos durante toda a xornada rica comida vegana de Tasty colors Vigo e Las delicias de najat
Mercado Reciclado conta cun espazo para os animais, teniendo en cuenta ás protectoras e o seu gran labor na sombra, santuarios, etc… e os petiscos nos nosos seráns sempre serán veganos.
Nesta edición contan coa Asociación Animáis sen fronteiras, unha protectora que leva máis de 30 anos ao pé do canón sen desfallecer, e que acudirá cun posto para recadar dinerito para todos os animais que se atopan baixo o seu coidado.
Mercado Reciclado é un proxecto cargado de arte, cultura e conciencia co que compartir creatividade.
Máis
Hora
18 febreiro, 2023 11:00(GMT+01:00)
Localización
Simia Espacio
Rúa de Alfonso XIII, 9 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes