REVISTA ABRIL

03mai(mai 3)12:0004(mai 4)20:00Celebra o Mes da Reciclaxe en Caixa de Ritmos cun mercado vintage e de segunda manFESTIVIAS E FEIRAS | De balde12:00 - 20:00 (4)(GMT+02:00) Caixa de Ritmos

Detalles do eventos

Con motivo do Mes da Reciclaxe, os días 3 e 4 de maio volve o mercado reciclado e de segunda man de Felicetta Gualtieri Sinala a deseñadora que “Maio é un mes para reflexionar e actuar polo planeta, e que mellor forma que coa arte, a comunidade e con conciencia ecolóxica”.

O horario do mercado será de 12:00 a 20:00 horas tanto sábado como domingo na Caixa de Ritmos. Nesta edición poderás gozar dunha morea de actividades sostibles e de bo ambiente. Haberá arte local, música, obradoiros, trueque, segunda man e produtos vintage, ademais de comida variada e manicura alternativa. O trueque será a xoia do evento desta edición, posto que poderás cambiar algo que xa non usas polo que máis che guste.

Trátase dun planazo ecolóxico, creativo e divertido para arrancar o mes de maio!

Máis

Hora

3 maio, 2025 12:00 - 4 maio, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Caixa de Ritmos

Canellón dos Canos 9

Other Events