Mercado de arte
Detalles do eventos
Nova edición do Mercado da ARTE, o 17 de maio de 2024 de 11:00 a 20:00, na Praza de Abastos do Calvario, Vigo.
Detalles do eventos
Nova edición do Mercado da ARTE, o 17 de maio de 2024 de 11:00 a 20:00, na Praza de Abastos do Calvario, Vigo. Durante toda unha xornada, os postos de froitas, peixe e carne convértense en expositores de arte de varias disciplinas: pintura, ilustración, cerámica, textil, xoieria, serigrafía… A entrada é de balde.
Este mercado acollerá a máis de 80 expositores galegos, chegados de norte a sur, con moitas ganas de mostrar o seu traballo. Artistas que foron seleccionados entre mais de 250 propostas. Visto o grande éxito da convocatoria, o primeiro andar acollerá máis de 18 postos onde está incluido o Mercado Textil, unha disciplina moi presente no mercado da arte para impulsar a calidade das prendas tanto confeccionadas como deseñadas da nosa comunidade, impulsando así unha economia circular e reducindo o sinal do carbono á hora de facer as nosas compras.
Máis
Hora
17 maio, 2024 11:00 - 20:00(GMT+01:00)
Localización
Mercado do Calvario
Rúa de Urzáiz, 183, 36205 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes